RSS

Chats de vídeo e audio con Gmail

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Vía Genbeta, entérome que nos próximos días poderemos realizar chats de vídeo a través de Google Talk.

Será necesario instalar un pequeno plugin no noso sistema, que funcionará cos principais navegadores web.

O plugin podémolo descargar desta páxina, e despois activaremos a posibilidade de establecer chat de audio e vídeo desde o menú opcións do widget de Gmail Chat, e só nos queda seleccionar e abrir a ventá de calquera contacto que teñamos activo nese momento.

Para facernos unha idea do seu funcionamento, aquí temos un vídeo.



As 100 ferramentas máis importantes para aprendizaxe

O Centre for Learning and Performance acaba de puplicar está presentación onde aparecen as 100 ferramentas máis importantes para a aprendizaxe segundo a enquisa feita a 223 profesionais da educación.
Top 100 Tools for Learning 2008
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: tools learning)


Vía Educación tecnológica

Liñas de tempo

Mostra dunha liña de tempo feita con TimeToast.



Autor.- Esteban Sañudo 1º Bach A

Como subtitular un vídeo

martes, 11 de noviembre de 2008

A continuación un vídeo que seguramente interesará ós que son un pouco frikis. :)





Se viron o vídeo poderán aprezar que, mentres que o audio está en inglés, inclúe subtítulos en galego. Tanto esta forma de incluir subtítulos como o aloxamento dos mesmos e do vídeo son parte do servizo dotSUB.com

O procedemento para subtitular un vídeo por dotsub é o seguinte:


  1. O primer paso, quizá o máis evidente, é conseguir un vídeo. Unha forma de facer esto é descargando un vídeo de Youtube por medio da páxina de descarga de vídeos de DVDVideoSoft.com.

    Para descargar un vídeo por este método, cómpre primeiro ir a páxina do vídeo en YouTube, copiar a URL (dispoñible no campo de texto marcado con URL) e pegala no campo de texto da páxina de DVDVideoSoft, e despois premer o botón. En pouco tempo debería aparecer unha ligazón ó archivo para descargalo ó teu ordenador.
  2. Acceder á conta de dotSUB. É necesaria unha conta para poder utilizar o servizo de dotSUB, polo que se non tés, necesitas creala. Pedirate o nome de usuario, contrasinal, primer e último nome, xunto cunha pista por se acaso esqueces o contrasinal.
  3. Unha vez creada esta conta, o seguinte paso é subir o vídeo ós servidores de dotSUB, por medio da opción "Submit a new Video", recheando primeiro o formulario cos datos.
  4. O penúltimo paso é engadir os subtítulos. Para iso úsase o servizo que ven incluído con dotSUB, o cal permite engadir subtítulos con precisión de segundos. Cada cambio gárdase automáticamente, polo que se cerras o navegador, abandonas a conta ou sofres algún problema externo (corte da luz, etc.) como moito perderás só o último subtítulo engadido.
  5. O último paso é marcar a traducción como completa e incluílo nun blog oun donde se queira, por medio do código accesible dende a opción "Share". Poden escollerse parámetros como o tamaño do reproductor para cambiar o código e que apareza de forma distinta na páxina web.

Texto: Simón Cartamil
Vídeo e traducción: Federico Pedreira

Presentacións de power point no blog

Este exercicio práctico consiste en facer pública unha presentación de PowerPoint baixo o amparo do proxecto SlideShare de Internet. Trátase dun servizo gratuito que permite colgar as nosas presentacións na rede e, a continuación, insertalas no noso blog. Como exemplo, unhas fotos de Portugal.
Portugal: paisajes y ciudades

Federico Pedreira.- 1º Bach

Proxecto a casa soñada

Durante o curso 07/08 os alumnos de cuarto fixeron como proxecto na clase de Tecnoloxía, a construcción da maqueta dunha vivenda con madeira de okume cas seguintes características:

Tendo en conta o tamaño da maqueta, realizáronse tres partes, que se encaixaron entre elas para integrar unha unidade:

  1. Vivenda
  2. Garaxe e entradas a vivenda.
  3. Piscina, torre con depósito de auga e xardín.

  • Cada módulo esta asentado nunha base que fai o papel dun subsolo por onde van as conduccións de auga e electricidade.
  • A vivenda é dunha planta con vestíbulo, unha habitación, salón e comedor, carto de baño e cociña.
  • O conxunto ten unha porta automática no garaxe (con porca e parafuso), e outra na cancela da finca (con piñón e cremalleira) .
  • Dispón de porche e terraza, diante e detrás da casa, respectivamente.
  • A estructura é de dous ou tres milímetros de grosor e para as paredes usáronse listóns de madeira de sección cadrada de 5 mm.
  • O tellado é desmontable .
  • As conduccións eléctricas van entre os dous paneis que forman as paredes. Os paneis teñen unha división duns centímetros para poder colocar os cables entre eles.
  • A iluminación da maqueta e os sistemas eléctricos da porta e da cancela contrólanse desde unha consola exterior.
  • O garaxe vai unido á vivenda e pódese acceder dende a cociña.
  • Na parcela hai un xardín con piscina que ten unha bomba que permite que saia auga.
  • O depósito de auga para o fornezo da vivenda situase enriba da torreta.
  • A valla do xardín realizouse con tela plástica tendida entre listóns de 5 mm.
  • No subsolo vai colocado o circuíto de auga da piscina.

A memoria técnica do proxecto fíxose en formato wiki. Podes visitala aquí.

Ademáis podes botarlle un ollo as fotos que fixemos do proxecto.

Paixón pola Tecnoloxía

domingo, 9 de noviembre de 2008





Hoxe Luns 10 de Novembro no xornal "El País" aparece un artígo que fai refencia a reclamación do recoñecemento oficial das publicacións na rede.

Aquí vos aparece escrito e tamén podédelo ver na fonte orixinal na seginte ligazón

"O obxectivo desta mensaxe é chamar a súa atención sobre o trato discriminatorio que sufrimos os docentes que utilizamos as TIC [Tecnoloxías da Información e da Comunicación] como soporte do noso traballo, é dicir, un soporte digital que non ten o recoñecemento dunha publicación, posto que carece de ISBN . Dáse a paradoja de que nos concursos de méritos, as persoas que publican libros e utilízannos como fonte de información ou referencia obteñen algún tipo de valoración, mentres que quen xeramos ese contido non obtemos ningún recoñecemento". Así comeza o correo electrónico que Lourdes Barroso, docente de secundaria, enviou a principios de outubro á ministra de Educación, Mercés Cabrera, a través da web do ministerio.

A mensaxe enumera "importantes iniciativas para fomentar o uso das TIC entre os nosos compañeiros" que os propios docentes han auspiciado: Aulablog, Planeta Educativo, a rede social Internet no Aula, O Tinglado.

Nunha delas, Internet no Aula, debate un grupo moi activo chamado Recoñecemento oficial do traballo coas TIC. "Quen dedicamos tempo á súa aplicación no aula (e, xa que logo, cumprimos co que establece a lei respecto diso) somos minoría nos claustros de secundaria", apunta o seu creador, Toni Solano, profesor de Lingua e Literatura en Castellón. "Somos unha especie de friquis aos que nos perdoan rarezas como levar un blog, perder 15 minutos de clase para montar a pizarra digital ou coñecer as novidades tecnolóxicas relacionadas coa educación", continúa.

Solano laméntase: "É triste recoñecer que moitos profesores aínda non manexan sequera un procesador de textos, pero peor aínda é recoñecer que, en moitos casos, quen se tomaron a molestia de actualizarse atópanse con que non vai a impresora ou o ordenador está estropeado ou se colgou a conexión a Internet; neses casos, os primeiros son máis felices que os segundos, e cobran igual".

"Fan falta iniciativas que popularicen o uso cotián das TIC nos centros: a extensión da conexión a Internet por todos os espazos educativos, o uso de equipos móbiles e portátiles por parte do profesorado, a difusión de boas ferramentas e boas prácticas", terza, no mesmo foro, Eduardo Larequi, catedrático de instituto e asesor en novas tecnoloxías do Departamento de Educación navarro.

É necesaria unha "alfabetización digital do profesorado", incide Solano. "Na miña comunidade non se posibilita que os docentes fagan uso das TIC porque carecemos de medios para facelo. Iso é máis que unha traba... Creo que non ten nome. Existe unha desigualdad nas dotaciones de ordenadores, proyectores, pizarras digitales, administradores de Rede, centros e horario de coordinadores TIC entre as distintas comunidades autónomas dun mesmo país onde o alumnado ten o mesmo dereito fundamental á educación viva onde viva", denuncia Alberto Armada desde Galicia.

Ademáis podedes escoitalo