Un widget ou "gadget ou dispositivo" (denominación recibida por Blogger) é unha pequena aplicación que se pode integrar en blogs, páxinas de inicio, redes sociais (Blogger, WordPress, TypePad, Facebook, FreeWebs, Pagflakes, Ning, iGoogle, Netvives, Piczo. Tamén se poden descargar para o escritorio ou para dispositivos móbiles (PDA e móbil).
Que contido ten un widget?
- Texto.
- Imaxes.
- Audio.
- Vídeo.
Widgetbox é un completo repertorio de widgets para inserir en distintos lugares:
Como se pode observar na anterior captura, os widgets aparecen clasificados por etiquetas.
Por exemplo, podo inserir un tradutor de idioma, un panel coas miñas entradas de Twitter, as miñas fotos en Flickr, un calendario, vídeos, un reprodutor de música, un contador de visitas e moitas cousas máis.
Como insiro un widget que me interese?
- Facilítache un código en html para que se poida embeber onde che interese.
- Unha maneira máis sinxela consiste en seleccionar directamente onde inserir o widget, é dicir, en Blogger, Wordpress, Facebook... e integrarase directamente onde elixamos.
Que é un widget, gadget ou dispositivo
jueves, 11 de diciembre de 2008
Publicado por TecnoSofía en 16:46
Etiquetas: Ferramentas, Manuáis
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario