RSS
Mostrando entradas con la etiqueta Video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Video. Mostrar todas las entradas

Para facer vídeo titoriais

lunes, 24 de noviembre de 2008


Unha forma fácil e rápida de gravar o que ocorre na pantalla do noso computador para facer vídeo titoriais, é utilizar a extensión Capture Fox para Mozilla Firefox.
Deste xeito obtemos un arquivo con formato avi.
Para facer uso dela unha vez que o teñamos instalado no sistema debemos picar na icona con forma de cámara que nos aparece na barra de estado de Mozilla. Abrirásenos unha xanela con opcións entre as que podemos elixir se queremos gravar só a xanela do navegador ou todo ao completo, a calidade do vídeo e se queremos gravar o son do micrófono tamén.

Via Genbeta

A forma máis fácil de descargar un vídeo en Youtube


Interesante e rápida forma de baixar vídeos de youtube que se explica perfectamente no vídeo mostrado.

Web desenvolvida por Antonio Bugarin, de México, que pensou kickyoutube.com para facilitar a vida dos que non queren complicarlla.

Só hai que agregar kick na url do vídeo. Por exemplo http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6ou4. Desta forma aparecerá unha barra na parte superior onde podes elixir os diferentes formatos. Tamén ten ruta rápida agregando http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6u4&now ao final onde che descarga automaticamente o flv.

Até o momento conta con flv, avi, mpg e mp3.

Vía Wwwhat´s new?