A Xunta lanza Galinux, un sistema operativo libre, gratis e en galego.
O novo sistema pódese descargar gratis na Red ou a través dos cedés que repartirá a Xunta.
A Xunta lanza Galinux, un sistema operativo libre, gratis e en galego.
O novo sistema pódese descargar gratis na Red ou a través dos cedés que repartirá a Xunta.
Publicado por TecnoSofía en 13:14 0 comentarios
Etiquetas: Actualidade, Ferramentas
Un widget ou "gadget ou dispositivo" (denominación recibida por Blogger) é unha pequena aplicación que se pode integrar en blogs, páxinas de inicio, redes sociais (Blogger, WordPress, TypePad, Facebook, FreeWebs, Pagflakes, Ning, iGoogle, Netvives, Piczo. Tamén se poden descargar para o escritorio ou para dispositivos móbiles (PDA e móbil).
Que contido ten un widget?
- Texto.
- Imaxes.
- Audio.
- Vídeo.
Widgetbox é un completo repertorio de widgets para inserir en distintos lugares:
Como se pode observar na anterior captura, os widgets aparecen clasificados por etiquetas.
Por exemplo, podo inserir un tradutor de idioma, un panel coas miñas entradas de Twitter, as miñas fotos en Flickr, un calendario, vídeos, un reprodutor de música, un contador de visitas e moitas cousas máis.
Como insiro un widget que me interese?
- Facilítache un código en html para que se poida embeber onde che interese.
- Unha maneira máis sinxela consiste en seleccionar directamente onde inserir o widget, é dicir, en Blogger, Wordpress, Facebook... e integrarase directamente onde elixamos.
Publicado por TecnoSofía en 16:46 0 comentarios
Etiquetas: Ferramentas, Manuáis
Publicado por TecnoSofía en 16:41 0 comentarios
Etiquetas: aprendizaxe, Imaxes
Unha forma fácil e rápida de gravar o que ocorre na pantalla do noso computador para facer vídeo titoriais, é utilizar a extensión Capture Fox para Mozilla Firefox.
Deste xeito obtemos un arquivo con formato avi.
Para facer uso dela unha vez que o teñamos instalado no sistema debemos picar na icona con forma de cámara que nos aparece na barra de estado de Mozilla. Abrirásenos unha xanela con opcións entre as que podemos elixir se queremos gravar só a xanela do navegador ou todo ao completo, a calidade do vídeo e se queremos gravar o son do micrófono tamén.
Via Genbeta
Publicado por TecnoSofía en 23:39 0 comentarios
Etiquetas: Video
Fantástico Manual de Ferramentas Web 2.0 producido polo Ministerio de Educación de Portugal e organizado por Ana Amélia A. Carvalho da Universidade do Minho.
Publicado por TecnoSofía en 11:10 0 comentarios
Interesante e rápida forma de baixar vídeos de youtube que se explica perfectamente no vídeo mostrado.
Web desenvolvida por Antonio Bugarin, de México, que pensou kickyoutube.com para facilitar a vida dos que non queren complicarlla.
Só hai que agregar kick na url do vídeo. Por exemplo http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6ou4. Desta forma aparecerá unha barra na parte superior onde podes elixir os diferentes formatos. Tamén ten ruta rápida agregando http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6u4&now ao final onde che descarga automaticamente o flv.
Até o momento conta con flv, avi, mpg e mp3.
Vía Wwwhat´s new?
Publicado por TecnoSofía en 10:56 0 comentarios
Etiquetas: Video
Woices é un servizo web gratuito que permite crear, compartir e escoitar ecos, grabaciones de audio que se enlazan a unha localización xeográfica concreta ou a un obxecto da vida real. O obxectivo final de Woices é estender a realidade creando unha nova capa de información en formato audio, chamada ecosfera, que fará do mundo un lugar máis interesante.
¿Que é un eco?
Os ecos son palabras, deixadas por unha persoa nun lugar preciso, que poden ser escoitadas máis tarde por alguén coma se o autor estivese aínda alí. Os ecos poden tratar sobre calquera cousa que queiras, desde historia, arte ou curiosidades ata memorias persoais ou consellos. Un eco pode ser ata un poema.
Publicado por TecnoSofía en 18:40 0 comentarios
Etiquetas: Actualidade, aprendizaxe, Son
Diseño por David Herreman | A Blogger por Blog and Web