RSS
Mostrando entradas con la etiqueta Cousas de clase. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cousas de clase. Mostrar todas las entradas

Liñas de tempo

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Mostra dunha liña de tempo feita con TimeToast.



Autor.- Esteban Sañudo 1º Bach A

Como subtitular un vídeo

martes, 11 de noviembre de 2008

A continuación un vídeo que seguramente interesará ós que son un pouco frikis. :)





Se viron o vídeo poderán aprezar que, mentres que o audio está en inglés, inclúe subtítulos en galego. Tanto esta forma de incluir subtítulos como o aloxamento dos mesmos e do vídeo son parte do servizo dotSUB.com

O procedemento para subtitular un vídeo por dotsub é o seguinte:


  1. O primer paso, quizá o máis evidente, é conseguir un vídeo. Unha forma de facer esto é descargando un vídeo de Youtube por medio da páxina de descarga de vídeos de DVDVideoSoft.com.

    Para descargar un vídeo por este método, cómpre primeiro ir a páxina do vídeo en YouTube, copiar a URL (dispoñible no campo de texto marcado con URL) e pegala no campo de texto da páxina de DVDVideoSoft, e despois premer o botón. En pouco tempo debería aparecer unha ligazón ó archivo para descargalo ó teu ordenador.
  2. Acceder á conta de dotSUB. É necesaria unha conta para poder utilizar o servizo de dotSUB, polo que se non tés, necesitas creala. Pedirate o nome de usuario, contrasinal, primer e último nome, xunto cunha pista por se acaso esqueces o contrasinal.
  3. Unha vez creada esta conta, o seguinte paso é subir o vídeo ós servidores de dotSUB, por medio da opción "Submit a new Video", recheando primeiro o formulario cos datos.
  4. O penúltimo paso é engadir os subtítulos. Para iso úsase o servizo que ven incluído con dotSUB, o cal permite engadir subtítulos con precisión de segundos. Cada cambio gárdase automáticamente, polo que se cerras o navegador, abandonas a conta ou sofres algún problema externo (corte da luz, etc.) como moito perderás só o último subtítulo engadido.
  5. O último paso é marcar a traducción como completa e incluílo nun blog oun donde se queira, por medio do código accesible dende a opción "Share". Poden escollerse parámetros como o tamaño do reproductor para cambiar o código e que apareza de forma distinta na páxina web.

Texto: Simón Cartamil
Vídeo e traducción: Federico Pedreira

Presentacións de power point no blog

Este exercicio práctico consiste en facer pública unha presentación de PowerPoint baixo o amparo do proxecto SlideShare de Internet. Trátase dun servizo gratuito que permite colgar as nosas presentacións na rede e, a continuación, insertalas no noso blog. Como exemplo, unhas fotos de Portugal.
Portugal: paisajes y ciudades

Federico Pedreira.- 1º Bach

Proxecto a casa soñada

Durante o curso 07/08 os alumnos de cuarto fixeron como proxecto na clase de Tecnoloxía, a construcción da maqueta dunha vivenda con madeira de okume cas seguintes características:

Tendo en conta o tamaño da maqueta, realizáronse tres partes, que se encaixaron entre elas para integrar unha unidade:

  1. Vivenda
  2. Garaxe e entradas a vivenda.
  3. Piscina, torre con depósito de auga e xardín.

  • Cada módulo esta asentado nunha base que fai o papel dun subsolo por onde van as conduccións de auga e electricidade.
  • A vivenda é dunha planta con vestíbulo, unha habitación, salón e comedor, carto de baño e cociña.
  • O conxunto ten unha porta automática no garaxe (con porca e parafuso), e outra na cancela da finca (con piñón e cremalleira) .
  • Dispón de porche e terraza, diante e detrás da casa, respectivamente.
  • A estructura é de dous ou tres milímetros de grosor e para as paredes usáronse listóns de madeira de sección cadrada de 5 mm.
  • O tellado é desmontable .
  • As conduccións eléctricas van entre os dous paneis que forman as paredes. Os paneis teñen unha división duns centímetros para poder colocar os cables entre eles.
  • A iluminación da maqueta e os sistemas eléctricos da porta e da cancela contrólanse desde unha consola exterior.
  • O garaxe vai unido á vivenda e pódese acceder dende a cociña.
  • Na parcela hai un xardín con piscina que ten unha bomba que permite que saia auga.
  • O depósito de auga para o fornezo da vivenda situase enriba da torreta.
  • A valla do xardín realizouse con tela plástica tendida entre listóns de 5 mm.
  • No subsolo vai colocado o circuíto de auga da piscina.

A memoria técnica do proxecto fíxose en formato wiki. Podes visitala aquí.

Ademáis podes botarlle un ollo as fotos que fixemos do proxecto.