RSS

Proxecto a casa soñada

martes, 11 de noviembre de 2008

Durante o curso 07/08 os alumnos de cuarto fixeron como proxecto na clase de Tecnoloxía, a construcción da maqueta dunha vivenda con madeira de okume cas seguintes características:

Tendo en conta o tamaño da maqueta, realizáronse tres partes, que se encaixaron entre elas para integrar unha unidade:

  1. Vivenda
  2. Garaxe e entradas a vivenda.
  3. Piscina, torre con depósito de auga e xardín.

  • Cada módulo esta asentado nunha base que fai o papel dun subsolo por onde van as conduccións de auga e electricidade.
  • A vivenda é dunha planta con vestíbulo, unha habitación, salón e comedor, carto de baño e cociña.
  • O conxunto ten unha porta automática no garaxe (con porca e parafuso), e outra na cancela da finca (con piñón e cremalleira) .
  • Dispón de porche e terraza, diante e detrás da casa, respectivamente.
  • A estructura é de dous ou tres milímetros de grosor e para as paredes usáronse listóns de madeira de sección cadrada de 5 mm.
  • O tellado é desmontable .
  • As conduccións eléctricas van entre os dous paneis que forman as paredes. Os paneis teñen unha división duns centímetros para poder colocar os cables entre eles.
  • A iluminación da maqueta e os sistemas eléctricos da porta e da cancela contrólanse desde unha consola exterior.
  • O garaxe vai unido á vivenda e pódese acceder dende a cociña.
  • Na parcela hai un xardín con piscina que ten unha bomba que permite que saia auga.
  • O depósito de auga para o fornezo da vivenda situase enriba da torreta.
  • A valla do xardín realizouse con tela plástica tendida entre listóns de 5 mm.
  • No subsolo vai colocado o circuíto de auga da piscina.

A memoria técnica do proxecto fíxose en formato wiki. Podes visitala aquí.

Ademáis podes botarlle un ollo as fotos que fixemos do proxecto.

0 comentarios: