A continuación un vídeo que seguramente interesará ós que son un pouco frikis. :)
Se viron o vídeo poderán aprezar que, mentres que o audio está en inglés, inclúe subtítulos en galego. Tanto esta forma de incluir subtítulos como o aloxamento dos mesmos e do vídeo son parte do servizo dotSUB.com
O procedemento para subtitular un vídeo por dotsub é o seguinte:
- O primer paso, quizá o máis evidente, é conseguir un vídeo. Unha forma de facer esto é descargando un vídeo de Youtube por medio da páxina de descarga de vídeos de DVDVideoSoft.com.
Para descargar un vídeo por este método, cómpre primeiro ir a páxina do vídeo en YouTube, copiar a URL (dispoñible no campo de texto marcado con URL) e pegala no campo de texto da páxina de DVDVideoSoft, e despois premer o botón. En pouco tempo debería aparecer unha ligazón ó archivo para descargalo ó teu ordenador. - Acceder á conta de dotSUB. É necesaria unha conta para poder utilizar o servizo de dotSUB, polo que se non tés, necesitas creala. Pedirate o nome de usuario, contrasinal, primer e último nome, xunto cunha pista por se acaso esqueces o contrasinal.
- Unha vez creada esta conta, o seguinte paso é subir o vídeo ós servidores de dotSUB, por medio da opción "Submit a new Video", recheando primeiro o formulario cos datos.
- O penúltimo paso é engadir os subtítulos. Para iso úsase o servizo que ven incluído con dotSUB, o cal permite engadir subtítulos con precisión de segundos. Cada cambio gárdase automáticamente, polo que se cerras o navegador, abandonas a conta ou sofres algún problema externo (corte da luz, etc.) como moito perderás só o último subtítulo engadido.
- O último paso é marcar a traducción como completa e incluílo nun blog oun donde se queira, por medio do código accesible dende a opción "Share". Poden escollerse parámetros como o tamaño do reproductor para cambiar o código e que apareza de forma distinta na páxina web.
Texto: Simón Cartamil
Vídeo e traducción: Federico Pedreira
0 comentarios:
Publicar un comentario