RSS

Galinux

viernes, 12 de diciembre de 2008


A Xunta lanza Galinux, un sistema operativo libre, gratis e en galego.

O novo sistema pódese descargar gratis na Red ou a través dos cedés que repartirá a Xunta.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco , presentou hoxe «Galinux», un sistema operativo baseado en software libre, con todas as aplicacións incluídas, ademais das actualizacións, que foi promovido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia (Mancomún), que depende da Consellería.

Que é un widget, gadget ou dispositivo

jueves, 11 de diciembre de 2008

Un widget ou "gadget ou dispositivo" (denominación recibida por Blogger) é unha pequena aplicación que se pode integrar en blogs, páxinas de inicio, redes sociais (Blogger, WordPress, TypePad, Facebook, FreeWebs, Pagflakes, Ning, iGoogle, Netvives, Piczo. Tamén se poden descargar para o escritorio ou para dispositivos móbiles (PDA e móbil).

Que contido ten un widget?

- Texto.
- Imaxes.
- Audio.
- Vídeo.

Widgetbox é un completo repertorio de widgets para inserir en distintos lugares:








Como se pode observar na anterior captura, os widgets aparecen clasificados por etiquetas.

Por exemplo, podo inserir un tradutor de idioma, un panel coas miñas entradas de Twitter, as miñas fotos en Flickr, un calendario, vídeos, un reprodutor de música, un contador de visitas e moitas cousas máis.


Como insiro un widget que me interese?

- Facilítache un código en html para que se poida embeber onde che interese.

- Unha maneira máis sinxela consiste en seleccionar directamente onde inserir o widget, é dicir, en Blogger, Wordpress, Facebook... e integrarase directamente onde elixamos.

Licencias Creative Commons